Skip to main content
O Vicedo

Comezan as festas do Vicedo

Por 5 Agosto, 2022Sin comentarios

Hoxe comezan as na honra a San Estevo e Santa Lucía no Concello do Viceda, unha cita que durará ata o domingo 7 e caontará con música e moita diversión.

A comisión organizadora comunicou o programa que comezará coa gran verbena de hoxe, venres 5, ás 22.30 horas a cargo das orquestras Tania Veiras e Nueva Fuerza, e seguirá o sábado 6 ás 10.00 con pasarrúas amenizado coa Banda de Gaitas do Ortegal, a misa solemne na igrexa parroquial, a sesión vermú co grupo Da Silva, e xa pola noite a verbena con Alkar e Da Silva. Ás 5.00 horas será a ruta 21 Fest, un festival folclórico a cargo de Os Do 21.

O domingo 7, a última xornada festiva dará comezo ás 12.00 horas coa celebración da misa solemne en honra ao santo na praia de Xilloi. O grupo Dvicio e Mekánika Rolling Banda serán os encargados de poñer a nota musical na sesión vermú. E xa pola noite DVicio e Los Españoles amenizarán a gran verbena final.