Skip to main content
Viveiro

A alcaldesa de Viveiro visitou a escola infantil para escoitar as propostas educativas

Por 3 Agosto, 2022Sin comentarios

A alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, e o tenente de alcalde, Jesús Fernández, visitaron a escola infantil municipal para escoitar as propostas da comunidade educativa do centro e da súa directora, Vanesa Martínez Luaces, pensando xa no curso 2022/23.

“Para nós, o ensino de cero a tres anos é unha prioridade, xa que favorece a conciliación da vida familiar e laboral”, asegura a alcaldesa.

“Queremos mellorar o funcionamento das instalacións, escoitando para iso as propostas da dirección”, engade.