Skip to main content
Viveiro

Viveiro avanza nas xestións para solucionar o estado ruinoso de dous edificios

Por 3 Agosto, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro leva tempo traballando para solventar a situación na que se atopan dúas edificacións na rúa Antonio Bas e na praza Juan Donapetry, contando cun importante avance neste momento ao estarse a tramitar un expediente de licenza de obra. Este tema tratouse no pleno municipal celebrado onte pola noite.

Ante o estado ruinoso de dous inmobles situados nestas rúas, dende o Departamento de Urbanismo tramitouse un expediente de orde de execución. Ante o seu incumprimento, tramitouse execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas, ata un total de catro multas, que foron pagadas polos propietarios.

Tras as tramitacións realizadas, os propietarios solicitaron licenza de obra para demoler a edificación na que se ubicaba unha lavandería e para realizar labores de conservación e mantemento no antigo Serra. 

Este expediente atópase en tramitación e, neste momento, está pendente a presentación da documentación requirida para a tramitación da autorización de Patrimonio.