Skip to main content
Viveiro

O Club de Balonmán Viveiro organiza unha semana de iniciación en Burela

Por 6 Agosto, 2022Sin comentarios

O Club de Balonmán Viveiro organiza para a semana do 8 ao 12 de agosto unha semana de sesións de iniciación ao balonmán praia no Concello de Burela.

Este curso será en diferentes horarios dependendo da idade dos rapaces. De 15.30 a 18.00 horas para nenos de 6 a 11 anos e de 18.00 a 20.30 horas para os de 12 a 16 anos.

Esta actividades é totalmente gratuita e será na praia do Portelo de Burela.