Skip to main content
Viveiro

Vanse restaurar os retablos da Porta de Carlos V e da Vila

Por 30 Agosto, 2022Sin comentarios

Os operarios municipais do Concello de Viveiro procederon á retirada das imaxes dos retablos da Porta de Carlos V e da Porta da Vila para a súa restauración.

Trátase, en concreto, das imaxes de San Roque, situada no retablo da Porta de Carlos V, e das imaxes de Cristo Crucificado, da Virxe María e de San Xoán, do retablo existente na Porta da Vila.

Ademais das restauracións das imaxes referidas, realizaranse traballos de limpeza e restauración en ambos retablos.

O Concello de Viveiro conta coa pertinente autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a realización destes labores, que serán realizados por persoal especializado.