Skip to main content
Axenda CaducadaXove

A feira de gando de Isidoro de Monte celébrase o 24 de agosto

Por 15 Agosto, 2022Agosto 24th, 2022Sin comentarios

O vindeiro sábado, 24 de agosto, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional Feira de San Bartolo, en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas do Concello de Xove.

A organización deste inmemorial evento corre a cargo da Comunidade de Veciños Costa de Laxamoura, e a Feira conta co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

O programa da feira comezará ás 10.00 horas coa recepción do gando no Campo da Feira, seguirá ás 13.00 horas coa misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro e a sesión vermú con José Anido quen tamén será o encargado de poñer a música na verbena das 17.30 horas.

No que respecta ao Concurso Gandeiro que se vai celebrar pola mañá, haberá dúas modalidades, A, maior número de reses vacunas na Feira e , B, maior número de reses cabalares na Feira.

Ambas categorías terán premios para os seis primeiros clasificados sendo 90 euros para o primeiro, 70 para o segundo, 50 para o terceiro, 40 para o cuarto, 30 para o quinto e 20 euros para o sexto.

Todos os participantes no Concurso Gandeiro deberán levar a carta de sanemaento no caso de gando vacún e microchip e libro de gando cabalar.

Xa pola tarde, haberá Concurso de marcha a partires das 17.30 horas, con premios para os tres primeiros clasificados en cada unha das dúas modalidades, Cruzados e Trotós. Serán 90 euros para o primeiro, 70 para o segundo, e 50 para o terceiro.

Para poder participar no Concurso de Marca, os cabalos deberán estar asegurados con seguro de responsabilidade civil e autorizados para este tipo de proba.