Skip to main content
Xove

Xove conta dende hoxe cunha nova barredora para o servizo de limpeza viaria

Por 10 Agosto, 2022Sin comentarios

O Concello de Xove conta dende hoxe cunha nova barredora para o servizo municipal de limpeza viaria. Así, na praza do Centro Cívico presentouse a nova barredora adquirida polo Concello, e que ven sustiuir a unha vella que xa non daba para máis.

Trátase dunha barredora compacta Johnson CN201, adquirida polo Concello á empresa Automoción Vilar do Colo por un importe total de 53.226,69 euros, financiados na súa integridade polo propio Concello.

Conta cun chasis estrutural ríxido, sistema de suspensión Glide II, unha tolva de 1,5 metros cúbicos de capacidade de carga e turbina de aspiración de alto rendemento entre as súas características principais.

“Sen dúbida, un importante investimento que vai axudar a mellorar a limpeza dos viais municipais, en especial ás rúas de Xove”, indicaron dende o equipo de Goberno local.