Skip to main content
Xove

Comezan as patronais de Xove

Por 17 Agosto, 2022Sin comentarios

Hoxe darán comezo as festas patronais do Concello de Xove na honra a San Bartolo e á Virxe do Carmen celebraranse e que se estenderán ata o 21 de agosto. Todos os asistentes, durante varios días poderase gozar de actividades lúdicas e relixiosas, ademais de diversas actuacións musicais.

As celebracións darán comezo hoxe ás 20.30 horas co espectáculo Un verso, un cantar a cargo de Queiman e Pousa. Xa o xoves 18 a partir das 12.00 horas na praza do Concello haberá unha actuación de Teatro Ghazafelhos e xa ás 20.30 horas será a lectura do pregón a cargo do director da Orquestra Clásica de Xove, Xan Carballal. Máis tarde a música chegará da man de Óscar Ibáñez & Tribo.

Na xornada do venres 19, ás 20.00 horas celebrarase unha gran sardiñada popular amenizada pola Charanga de Neda. Pola noite, gran verbena a cargo das orquestras Finisterre e América, que amenizarán a velada ata altas horas da madrugada.

O sábado 20, dará comezo a xornada con pasarrúas da Banda de Gaitas Marino Tapiega e os Cabezudos da asociación Saiñas de Xove. Ás 13.00 horas será a quenda da misa solemne co Coro parroquial de Cervo e procesión acompañada da Asociación Cultural Saíñas. Ao finalizar os actos litúrxicos, sesión vermú a cargo da orquestra Solara, que tamén será a encargada de amenizar a verbena da noite acompaña da orquestra Charlestón.

O domingo pola mañá volverán os pasarrúas coa Banda Nosa Señora de la Misericordia e acto seguido os actos relixiosos co Grupo de Instrumentistas da Orquestra Clásica de Xove e da Escola Municipal de Música de Xove. E despois a procesión novamente coa anda Nosa Señora de la Misericordia.

A orquestra Pontevedra pora a nota musical na sesión vermú e na verbena da noite acompañada de orquestra Olympus.

Por último o luns 22, festivo local, será o día adicado á infancia no que haberá inchables na praza na praza do Concello a partir das 17.00 horas.