Skip to main content
Axenda Caducada

Obradoiro familiar este xoves en Guitiriz

Por 1 Agosto, 2022Agosto 4th, 2022Sin comentarios

A compañía Brinca & Emusin SL leva a Guitiriz Un conto musical, un obradoiro dinámico onde se ofrece a posibilidade de explorar a música con todos os sentidos.

Esta actividade, destinada a un público familiar, utiliza como fío condutor os contos, os xogos, as danzas e as producións sonoras e verbais.

O espectáculo terá lugar o 4 de agosto ás 18:00 horas na Casa Habanera.

A actividade englóbase dentro da programación Ler Conta Moito.