Skip to main content
Axenda CaducadaVegadeo

As festas patronais de Vegadeo contarán con máis de 6 orquestras

Por 4 Agosto, 2022Agosto 21st, 2022Sin comentarios

As festas patronais do Concello de Vegadeo celebraranse os días 13, 14, 15, 16 e 21 de agosto, aínda que xa o sábado 6 poderase desfrutar da tradicional Noite Celta coa música de Alejandro Martínez.

A xornada do sábado 13 contará con dúas orquestras para a verbena da noite, o grupo Bomba, a mellor orquestra canaria do momento, e a disco Decibelios. A noite do domingo 14 será a quenda de Marbella e o concerto de Nadye como preludio para os fogos de artifico das 00.30 horas.

A cita do luns 15 contará coa París de Noia e a discoteca La Mega CDC, e o martes 16 serán o Grupo Beatriz e de novo la discoteca La Mega CDC os encargados de poñer a nota musical.

Por último, o domingo 21 de agosto celebrarase a Xira campestre no Noveledo, que contará coa música de Alejandro Martínez.

Dende a organización lembran que do 12 ao 15 de agosto contarán con servizo de polbo a cargo de Pulpería Lucus.