Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

A Peña Eche o que hai de Foz prepara a II Panceparty

Por 13 Agosto, 2022Agosto 20th, 2022Sin comentarios

A Peña Eche o que hai de Foz prepara, tras dous anos de espera, para o vindeiro sábado 20 de agosto a súa segunda Panceparty.

Esta cita gastronómica será no Campo da Cabana a partir das 20.00 horas e poderase degustar unha ración de panceta con chourizo ou langostinos, pan, auga, viño e con cada unha regalarase unha rifa para o gran sorteo da noite ás 00.30 horas.

Cada ración ten un prezo de 10 euros e con ela poderase desfrutar da música en directo e dun DJ.

Dende a organización lembran que haberá sesión vermú desde as 13.00 horas e poderanse mercar as entradas anticipadamente aforrando 1 euros.