Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

Volve unha das citas máis tradicionais e divertidas do verán da Pontenova, o BaixEo

Por 2 Agosto, 2022Agosto 13th, 2022Sin comentarios

Unha das citas máis tradicionais e divertidas do verán está na Pontenova. Trátase do popular Baixeo polo río Eo no que cada participante pode levar a cabo o descenso polas augas do río atravesando á localidade utilizando para todo tipo de artiluxios, normalmente neumáticos.

Os participantes reuniranse sábado 13 de agosto pola mañá na Chousa, na área recreativa do Pozo da Ola para que despois, ás 11.00 horas, sexa a saída ata Piegaponte e ás 12.00 horas cara o coto de Salmeán. Xa ás 14.00 horas será a chegada ao Pozo da Ola.

Como vén sendo habitual, para repoñer forzas despois do esforzo lúdico e deportivo, A Pontenova a aproveita para dar a coñecer unha das súas comidas típicas, os faragullos, que misturan auga, leite, fariña de trigo, ovos e sal nunha masa que se fríe en sarténs. Este ano o Gran Faragull-Eo acada a súa vixésima primeira edición.

Nalgunhas zonas, o río baixa con escaso caudal dado o bo tempo, o que complica a navegación das improvisadas embarcacións. E para participar será necesario inscribirse antes do xoves 11 de agosto.

A organización non se fai responsable dos imprevistos que poida xurdir, aínda que por suposto estarán presentes os efectivos de Protección Civil.

O CIT A Pontenova e o Concello son os organizadores desta cita e para máis información, pódese chamar ao 982 342 292.