Skip to main content
Axenda CaducadaCervo

San Cibrao acollerá o venres o Desfile de Entroido de Verán

Por 2 Agosto, 2022Agosto 5th, 2022Sin comentarios

San Cibrao acollerá o vindeiro venres 5 de agosto o seu Desfile de Entroido de Verán que contará con música e moita diversión.

O Desfile de Entroido, organizado polos Amigos da Maruxaina, levarase a cabo a partir das 20.00 horas dende a Casa do Mar, e despois haberá unha sesión disco na praza dos Campos a cargo de DJ Ovo.

Haberá premios para as distintas categorías de disfraces e para participar será necesario inscribirse antes do 4 de agosto na casa da cultura en horario de mañá.