Skip to main content
Axenda CaducadaXove

Xove acollerá o espectáculo en homenaxe á emigración galega

Por 14 Agosto, 2022Agosto 17th, 2022Sin comentarios

O vindeiro 17 de agosto a praza do Concello de Xove acollerá o espectáculo de poesía e música en homenaxe á emigración galega, Un verso, un cantar.

A obra, ambientada no século XX, mestura poesía e canción nunha proposta cultural que fai a súa particular homenaxe á Emigración Galega. Creadores tan recoñecidos da literatura galega como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Xosé Neira Vilas tiveron o seu propio espazo neste completo espectáculo que fusionou teatro, canto e música.