Skip to main content
Axenda Caducada

Recuperan o Roteiro Avelino Díaz ao completo para esta fin de semana

Por 29 Agosto, 2022Setembro 3rd, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural Avelino Díaz intenta recuperar neste ano 2022 a realización plena do seu tradicional roteiro, que une a casa natal de Avelino, na Órrea, coa casa onde viviu ata que emigrou para a Arxentina, na Pena.

A oitava edición do Roteiro Avelino Díaz comezará o sábado, día 3, ás 20.00 h., coa actuación na praza Maior de Meira do grupo de música tradicional Leña verde, de Pol. Ese mesmo día, ás 22.00 h., no Restaurante O Muíño celebrarase unha cea reivindicativa sobre a figura de Avelino.

Xa o domingo, a partir das 10.30 horas, desde a casa natal de Avelino no lugar da Travesa, na Órrea, partirá a andaina que levará os participantes ata a casa onde viviu na Pena, en Meira. A actividade rematará no Parque Río Barxa.

Haberá refrixerio gratuíto para os participantes na Rega do Francés e un bolo preñado ao final do roteiro.

Para participar será necesario inscribirse e pode facerse tanto na cea como no roteiro individualmente ou nas dúas cousas. O prazo remata o día 2 e os teléfonos de contacto son o 636 721 008, 647 904 828, 606 699 777 e o 618 480 957.