Skip to main content
Axenda CaducadaCervo

O 4 de setembro será a I Carreira Popular Península da Paz Concello de Cervo

Por 24 Agosto, 2022Setembro 4th, 2022Sin comentarios

Cervo acolle o vindeiro 4 de setembro a I Carreira Popular Península da Paz Concello de Cervo que terá un percorrido de 5.5 quilómetros.

Poderán participar nas distintas probas todos aqueles atletas que o desexen pero está limitado a 300 corredores adultos e 320 menores.

As inscrición están abertas ata o martes 30 de agosto e terán o precio de inscrición para carreira absoluta de 10 euros para propietarios de chip amarelo championchip e os que non teñan chip deberán pagar 2 euros en concepto de alquiler máis 5 de fianza, con opción de compra por 15 euros. As inscricións poderanse facer única e exclusivamente en www.championchipnorte.com.

A saída e a meta estarán situadas dentro das pistas de atletismo da Veiga sendo os prebenxamíns os primeiros, ás 11.00 horas, seguidos dos benxamíns, alevíns, infantís e cadetes. Xa ás 12.00 horas serán os adultos que percorrerán 5.5 quilómetros.

A retirada de dorsais realizarase no pavillón A Veiga de San Cibrao o domingo 4 de setembro dende as 9 horas. E obsequiarase cunha camiseta técnica conmemorativa a todos os adultos participantes que figuran entre os 150 primeiros inscritos na proba ou ata fin de existencias.