Skip to main content
Axenda CaducadaBarreiros

Barreiros prepara o Son Urban, unha xornada para dar a coñecer a cultura urbana

Por 27 Agosto, 2022Setembro 2nd, 2022Sin comentarios

O Concello de Barreiros organiza Son Urban, unha xornada para dar a coñecer a cultura urbana aberta á mocidade e a poboación en xeral. Esta cita, novidosa en Barreiros, terá lugar na praza do Souto, en San Miguel de Reinante, o vindeiro venres día 2 de setembro. 

Ás 17.00 horas dará comezo o obradoiro de Parkour que contará con cubos de distintas alturas, traveseiros unindo os mesmos, pirámides, barras e diferentes obxectos para conformar un parque de Parkour totalmente estable, antiesvaramentos e con cantos redondeados para unha maior seguridade. A mocidade que desexe iniciarse nesta disciplina ou simplemente sinta curiosidade pola mesma, estará acompañada coa música do Dj Ze Pequeno, especialista nos ritmos máis globais mesturados coa electrónica. 

Xa ás 20.00 horas, ao rematar o taller de parkour, seguirá a festa con Mr. Fishman, Dj Lucense, con ampla traxectoria a nivel nacional e internacional e que realizará unha sesión freestyle de música negra. De seguido actuará Soulmacklein, compoñente do reputado grupo de rap Delahoja, que fará un directo do seu proxecto de música reggae acompañado pola súa banda.

O broche final a esta festa da cultura urbana correrá a cargo dun dos máximos expoñentes da música House en Galicia, Kiko Ron (promotor do festival de Foz Tentacle), que fará unha sesión 100% en vinilo.