Skip to main content
Axenda CaducadaCervo

As Escolas Vellas de Cervo acollen unha exposición sobre Carlos Casares

Por 31 Agosto, 2022Setembro 15th, 2022Sin comentarios

Foi inaugurada nas Escolas Vellas de Cervo a mostra fotográfica Os Camiños de Casares, que se poderá visitar de luns a venres, ata o 15 de setembro, en horario de 11.00 a 14.00 horas.

A mostra, que viaxa por cinco vilas dos Camiños de Santiago, vén de ser exhibida en Mazaricos e continuará o seu  percorrido durante os meses de setembro e outubro por Muxía (A Coruña); Viana do Bolo (Ourense) e San Sadurniño (A Coruña).

A EXPOSICIÓN. Recolle 40 fotografías de gran formato de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, en xeral, sobre a experiencia da viaxe. Xurxo Lobato é membro da Academia Galega de Belas Artes, premio Artes Plásticas Cultura  Galega 2020, e premio Ortega y Gasset de El País, 2003.

As citas e textos informativos poderán seguirse en castelán e inglés, ademais de en galego,  mediante un código QR. Do mesmo xeito o visitante poderá escoitar os ditos textos mediante  reprodución automática de audio, e descargar tamén o folleto e mais o cartel oficial da  exposición no sitio web da mostra.