Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

A Praza de Abastos acolle o campionato nacional de futbolín Maestros del Norte

Por 10 Agosto, 2022Agosto 16th, 2022Sin comentarios

Chega a Lugo a terceira edición do campionato nacional de futbolín Maestros del Norte que se celebrará os días 13, 14 e 15 de agosto na Praza de Abastos con acceso gratuito o público. Organizado pola Asociacón Lucense de Futbolín este campionato busca reunir as mellores figuras do panorama nacional nunha cita única para a cidade lucense na que tamén colaboran o Concello de Lugo, Tsunami Futbolín e Prelo Xl.

A asociación presidida por Fernando Lamela, nace co fin de promover e dar visibilidade a este deporte que forma parte da nosa cultura e que une a nenos e maiores. Creada no 2018 por seis apaixoados e campións nacionais e internacionais, a asociación, busca seguir levando o torneo cara o mais alto do panorama nacional.

Programación

Sábado 13 en horario de 10.00 a 22.00 horas terá lugar a modalidade Parado

Domingo 14 en horario de 10.00 a 22.00 horas terá lugar a modalidade de Movemento

Luns 15 en horario de 10:00 a 15:00 torneo de selecciónns a cargo da Federación Española de Futbolín