Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Back 2 Classics, de Planeta Trampolí, nova actuación do programa Tarde Tardiña

Por 9 Agosto, 2022Agosto 11th, 2022Sin comentarios

Este xoves día 11 de agosto continúa a programción de Tarde Tardiña co espectáculo Back 2 Classics do grupo Planeta Trampolí. A actuación terá lugar ás 18:00 na Praza Maior cunha entrada libre e recomendada a partir de tres anos.

Planeta Trampolí propón un espectáculo de cama elástica fresco, cercano e íntimo para toda a familia onde o circo máis clásico fusiónase coa cultura urbana a través do baile, a música e a arte do Turntabilism, scratch con vinilos. Unha proposta onde a cama elástica toma vida propia entre as locuras e acrobacias do seu protagonista. Unha viaxe ao pasado que máis nos namora cheo de humor, poesía, ritmo e carambolas que cambiarán o concepto que temos da cama elástica.

Na habitación dous tocadiscos capaces de exprimir o son de calquer obxeto e un monton de ritmos para explorar. Ninguén mira, é o momento de perder a vergonza e sentir a liberdade de ser un mesmo. Deixar de ter os pes no chan e desfrutar do que parece prohibido cando nos miran. Relar discos de vinilo, rompelos e facelos voar, afundir o somier da cama, cantar a pleno pulmón e bailar ata a extenuación. Máis ritmo, máis acción, máis emoción.