Skip to main content
Baralla

Baralla acolle a proxección de Valentina este domingo

Por 11 Agosto, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

O Concello de Baralla organiza a proxección da película Valentina o próximo domingo 14 de agosto. O filme proxectarase na área recreativa Manuel Gonzalez Capón ás 22.00.

A película Valentina logrou o premio Goya 2022 a mellor película de animación, ademais de estar dirixida pola directora galega Chelo Loureiro. O filme está protagonizado por unha nena con síndrome de down, visibilizando a vida destas persoas e facendo fincapé na importancia da inclusión.