Skip to main content
Axenda CaducadaO Corgo

Bátega actuará no Corgo coa súa obra O mundo de Martiña

Por 15 Agosto, 2022Agosto 19th, 2022Sin comentarios

O Local Social de Cela, no Corgo, acolle o próximo venres 19 de agosto ás 21.oo a obra O mundo de Martiña da compañia de teatro Bátega. A obra está destinada a un público maior de 14 anos.

Martiña é unha nena moi curiosa e espilida, mais hai cousas que non logra entender, como, por exemplo, que as súas opinións sexan menos importantes que as dos adultos, nin por que ten que calar e obedecer sempre a papá, a mamá, ao pai Edelmiro, á tía Amparo… cando é evidente o trabucados/as que están acotío. Iso de que estean Deus, o Ratiño Pérez, os Reis Magos, ou o anxo da garda observandoa para xulgar o seu comportamento e premiala ou castigala, tampouco lle acaba de gostar.

Na segunda metade do espectáculo, veremos a Martiña medrar. Verémola afrontar a regra, a paixón adolescente, a autoridade paterna ou o duro mundo laboral. Verémola sortear obstáculos e sacar conclusións. A través dun monólogo teatralizado, musicado e entretecido con cancións, Martiña enfrontarase á vida coas armas que vai descubrindo. O seu espíritu crítico e as súas dúbidas respecto do establecido nunca a abandoarán.