Skip to main content
Axenda CaducadaGuntín

Guntín celebra a próxima fin de semana a XIX edición da festa do Pemento de Mougán

Por 19 Agosto, 2022Agosto 28th, 2022Sin comentarios

Esta nova edición da festo do pemento de Mougán terá lugar os días 27 e 28 de agosto. O sábado terá lugar o pregón ás 13.00 para continuar coa actuación da Banda Municipal de Guntin de Pallares e a Batband Batucada ás 13.30.

Haberá unha comida popular e degustación de pementos ás 14.00. Pola tarde ás 17.00 comezará o campionato de tute e haberá actuacións musicais ao longo de toda a tarde. A verbena da note estará amenizada pola orquestra Metrópolis.

O domigno comeza o día coa orquestra Acordes na sesión vermú que comeza ás 13.45 para continuar coa comida popular e a degustación de pementos ás 14.30. Pola tarde haberá unha actuación de Lucia Pérez ás 17.45 e ás 20.00 o primeiro pase da orquestra Acordes que rematará coa verbena ás 23.00.