Skip to main content
Axenda CaducadaMonterroso

Volve a 10K Monterroso na súa cuarta edición

Por 19 Agosto, 2022Setembro 11th, 2022Sin comentarios

O domingo 11 de setembro ás 11.00 terá lugar a carreira 10K de Monterroso  que este ano conta coa novidade de estrea de percorrido.

O percorrido está pensado para facer mais levadeiro os cambios de desnivel que forman parte da orografía de Monterroso. O longo dos 10k atravesaranse unhas das mellores paisaxes que pode ofrecer a nosa contorna, chea de sombras de árbores frondosas e de pura natureza do interior de Galicia. Xunto coa carreira, organizase paralelamente outras probas mais asequibles e para diferentes idades.

A recollida de dorsais terá lugar o sábado de 10.00 a 14.00 e o domingo de 9.00 a 10.30 no Espazo Lorenzo Varela. A primeira proba en comezar será a andaina de 5km para todas as idades ás 10.50.  A competición de 10km absoluta dará comezo ás 11.00. Para os máis pequenos haberá unha proba Pitufos de 100m que dará comezo as 12.300  e na que poderán participar os nados en 2016 e posteriores. Para os nados entre o 2011 e o 2015 ás 12.40 comeza una proba de 500m e para os nados entre o 2005 e o 2010 a proba será de 1000m e comezará ás 12.50.

A carreira absoluta terá un custo de 7€ (máis aluger de chip para os non propietarios) por participante ata o día 28 de agosto e dende o 29 de agosto ata o 6 de setembro será de 10€ (máis aluger de chip para os non propietarios). Os dereitos de inscrición na carreira de menores serán gratuitos. Na andaina hai dúas opcións: a primeira sería gratuita, e a segunda é pagar 5€ co que tamén se recibiría a bolsa do corredor.

 para voluntarios e corredores