Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

O Goberno apoia a industria cultural da provincia de Lugo co Bono Cultural Xove

Por 9 Agosto, 2022Sin comentarios

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, animou á mocidade lucense a disfrutar da cultura aproveitando o Bono Cultural Xove que pon a súa disposición o Goberno, que investirá 936.400 euros nesta iniciativa destinada a apoiar a industria cultural. A subdelegada desprazouse hoxe a Vilalba, onde presentou o Bono Cultural Xove nun acto celebrado na librería Pergamino, no que estivo acompañado pola alcaldesa, Elba Veleiro, e polo libreiro José Pernas.

A subdelegada explicou que na provincia de Lugo 2.341 mozos e mozas ponen beneficiarse do Bono Cultural Xove, unha achega implementada polo Goberno para favorecer a industria cultural. Isabel Rodríguez destacou que esta axuda tamén servirá para dinamizar o comercio de proximidade nos concellos e, ademais, contribuirá a algo tan importante como é xerar hábitos de consumo de produtos culturas entre a mocidade

Rodríguez informou de que o Ministerio de Cultura facilita un bono de 400 euros para investir en cultura a todos os mozos e mozas que cumpren os 18 anos en 2022. Na provincia de Lugo os beneficiarios potenciais son 1.180 mozas e 1.161 mozos, aos que pediu que aproveiten a oportunidade que lles brinda o Goberno para acceder a produtos culturais do seu interese.

O prazo para a solicitude do Bono Cultural Xove está aberto desde o 25 de xullo e as solicitudes fanse a través de unha web e unha app

Unha vez concedida a axuda, recíbese unha tarxeta prepago vitual para usar a través do móbil que se pode empregar en todas as empresas culturais adheridas ao programa. Todas as entidades interesadas en vender os seus produtos e servizos aos portadores desta tarxeta poden tramitar a súa adhesión ao programa a través da páxina web do Bono Cultural.

O bono está dividido en 3 apartados, para fomentar o acceso a diversas expresións culturais:

-200€ para artes en vivo, patrimonio cultural e audiovisuais

-100€ para produtos culturais en soporte físico como libros, revistas, prensa, videoxogos, discos, partituras, etc.

-100€ para consumo dixital como suscricións a plataformas musicais, audiolibros, prensa dixital, videoxogos en liña, descarga de podcast, entre outros

O Goberno impulsa este novo programa de axudas coa finalidade de revitalizar a dinamizar o sector cultural en España, garantindo a sustentabilidade das industrias culturais e creativas tras o negativo impacto causado pola pandemia da COVID-19; así como de fomentar a accesibilidade universal e diversificada á cultura, promovendo entre os mozos a fidelización que xere o hábito de consumo de produtos culturais.