Skip to main content

O deputado de Deportes Efrén Castro presentou no Pazo de San Marcos a III Copa Deputación de Fútbol Sala, que comezará o vindeiro 4 de setembro e na que participarán 35 equipos de 3ª División Nacional Masculina, Preferente Masculina, 1ª e 2ª Autonómica Masculina, Preferente Feminina e 1ª Autonómica Feminina.

A competición retómase despois de dúas temporadas co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que incentiva a participación dos equipos con premios en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas (entre 220 e 340 euros), ademais de premiar aos equipos campións e subcampións de cada categoría (entre 400 e 750 euros)

O deputado de Deportes Efrén Castro explicou que “co patrocinio desta competición reforzamos o apoio aos clubs de fútbol sala da provincia que, ademais de beneficiarse economicamente da participación, teñen a oportunidade de comezar a competir e traballar na posta a punto de cara a temporada” e sinalou “o alto nivel do fútbol sala na provincia, con equipos de referencia internacional como o Burela FS, deber ser un incentivo para reforzar a afección e a práctica deste deporte”.

No acto de presentación, no que participou o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol Carlos Méndez e o responsable de fútbol sala de Lugo na Federación Galega de Fútbol Iván Pico, explicouse a representantes dos clubs inscritos o sistema de competición e realizou o sorteo para definir os emparellamentos nas distintas categorías.

3ª División Nacional Masculina e Preferente Masculina

Equipos participantes (13):  SD Xove FS, Concello de Begonte FS, Praias de Barreiros CD, O Korreo Gutiriz FS, Outeiro SD, Insuas do Miño de Rábade FS, Covirán Quirgoa FS, Os Meigallos FS, Castroverde, CP Casás, Vilalba FS B, PM Friol FS, FSF Castro

Calendario

  • Fase Previa: 4 de setembro (eliminatorias a partido único)
  • Cuartos de final: 11 de setembro (eliminatorias a partido único)
  • Semifinais e final: 1 de novembro ( partido único)

Emparellamentos Fase Previa

  • Castroverde – Korreo Guitiriz FS
  • Insúas do Miño de Rábade FS – Praias de Barreiros
  • FSF Castro – SD Xove FS
  • PM Friol – Covirán Quiroga
  • CP Casás – Outeiro de Rei

*** Meigallos FS, Concello de Begonte FS e Vilalba FS B, directos a cuartos (por sorteo)

Preferente e Primeira División Feminina

Equipos participantes (8 equipos): Ribeira FS, Vilalba FS, ADC Lugo Sala, Concello de Begonte FS, UD Pastoricense, Taboada Feminino, FSF Castro B, SD Castroverde

Calendario

  • Cuartos de final: 4 de setembro (eliminatorias a partido único)
  • Semifinais: 11 de setembro (eliminatorias a partido único)
  • Final: 1 de novembro ( partido único)

Emparellamentos Cuartos

  • UD Pastoricense – Ribeira FS
  • Vilalba FS – ADC Lugo Sala
  • FSF Castro – Concello de Begonte FS
  • SD Castroverde – Taboada Feminino

Primeira e Segunda División Masculina

Equipos participantes (14): O Korreo Guitiriz FS B, Puebla Futsal, Samos Fúbol Sala, Outeiro de Rei SD B, Cubelas, Luisitalia, Oural FS, ADC Lugo Sala B, Concello de Begonte FS B, PM Friol B, Parrillada Porta Santiago, Ribeira FS B, SD San Lázaro, Decotropic

Calendario

  • Fase Previa: 4 de setembro (eliminatorias a partido único)
  • Cuartos de final: 11 de setembro (eliminatorias a partido único)
  • Semifinais: 18 de setembro (eliminatorias a partido único)
  • Final: 1 de novembro (partido único)

Emparellamentos Fase Previa

  • Oural FS – ADC Lugo Sala B
  • Puebla FS – Outeiro de Rei B
  • Parrillada Porta Santiago – Luisitalia
  • PM Friol B – Samos Futbol Sala
  • Ribeira FS B – SD San Lázaro
  • Decotropic – O Korreo Guitiriz

*** Cubelas e Concello de Begonte FS B , directos a cuartos (por sorteo)