Skip to main content
Antas de Ulla

Os socialistas de Antas de Ulla reclaman máis persoal sanitario no centro de saúde

Por 18 Agosto, 2022Agosto 19th, 2022Sin comentarios

O Grupo Socialista de Antas de Ulla denunciou as carencias sanitarias que esta padecendo a veciñanza. “Chega a época estival e novamente temos que sufrir os recortes do PP na Xunta no noso centro de saúde”, lamentan dende o PSdeG.

A Voceira Socialista, Pilar García Porto, avanzou que presentarán unha proposta a demandará ao Alcalde e ao seu Goberno para que se dirixan ao Sergas na procura de mellorar esta situación e atopar solucións. “É necesario que coñezan a situación de precariedade sanitaria por falla de persoal que sofre a veciñanza, especialmente nun concello coa poboación avellentada e no verán as datas con maior afluencia de visitantes”, insistiu a responsable socialista.

A situación do centro de saúde de Antas de Ulla é similar a que están padecendo noutros concellos da provincia, “xa que cada vez que chega o período vacacional, no que ademais se incrementa a poboación, só hai un facultativo para tender á toda poboación de Antas de Ulla. De dous sanitarios que están traballando no centro medico, só consulta un xa que teñen que desfrutar das súas vacacións, e a Xunta non cubre nin baixas nin vacacións”.  “Polo tanto só hai unha soa doutora para atender aos pacientes que acoden á consulta e tamén visitar os domicilios particulares e ás urxencias que xurdan. E si se dá a circunstancia de que o sanitario -durante a xornada- ten que saír para atender unha urxencia nun domicilio o centro de saúde queda completamente desatendido”, advirten.

García Porto remarca ademais que “facer un novo centro médico mellora as condicións do actual pero non soluciona os actuais problemas da falla de médicos e que deixa á veciñanza na máis absoluta desatención pola precarización do servizo, tal e como estamos comprobando”, puntualiza.

Por último dende o PSdeG de Antas de Ulla envían unha mensaxe de recoñecemento aos facultativos e os sanitarios que traballan nestas condicións precarias. “Dende aquí valoramos o esforzo que realiza sempre todo o noso persoal sanitario, e reclamamos que traballen nunhas condicións dignas e ao mesmo tempo demandamos que a nosa veciñanza poida dispoñer dunha sanidade pública e de calidade e con tódalas garantías”, sinalan.