Skip to main content
Antas de Ulla

Os socialistas de Antas de Ulla denuncian que o alcalde oculta información económica e xudicial do Concello

Por 31 Agosto, 2022Sin comentarios

O PSdeG de Antas de Ulla denuncia que o alcalde impide aos concelleiros socialistas acceder a documentos públicos que conteñen información económica e xudicial sobre o Concello. En concreto, reclaman o acceso a facturas, albaráns das mesmas e os seus correspondentes pagos bancarios, así como os expedientes relacionados con dúas comunicacións feitas ao Concello polo Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Lugo.

Co seu constante veto a información económica e xudicial, o rexedor do PP vulnera gravemente o dereito dos concelleiros do PSdeG a controlar a acción do Goberno e despreza á veciñanza porque son representantes democraticamente elixidos.

“O pasado mes de outubro do 2021 solicitamos por Rexistro diversos expedientes relacionadas con procesos xudiciais e contratos realizados polo goberno municipal, e non só non puidemos comprobar a totalidade dos expedientes solicitados, coartando así os nosos dereitos como concelleiros, senón que ademais detectamos fallos que provocan supostas duplicidades no Rexistro público municipal, que o propio Alcalde recoñeceu, que seguen sen corrixirse e que afectan ós veciños porque non garante a correcta tramitación dos documentos”, aseguran os socialistas.

Por este motivo, a voceira municipal do PSdeG, Pilar García Porto, explicou que defenderán mañá no Pleno extraordinario convocado polossocialistas “a transparencia e a normalización do acceso aos documentos e expedientes, tal e como marca a propia Lei e solventar de xeito inmediato os problemas de duplicidade no rexistro municipal que están afectado a súa xestión diaria e a propia seguridade e garantía dos trámites que fan os propios veciños e veciñas”.

A Voceira Socialista argumenta que xa en anos anteriores “solicitamos a documentación correspondente para cotexar as contas municipais e coñecer a realidade das cifras do concello, así como o acceso a documentación que acredita a correcta xestión contable, como por exemplo a través de  revisión de facturas, albaranes e ordes de pago, pero novamente atopámonos con que o Alcalde nos negou o acceso a esta información”, critica.

Reiteramos a petición desta documentación ata en tres ocasións Ademais, sinala que tamén solicitaron acceso a expedientes relacionados con comunicacións feitas polo Xulgado ao Concello de Antas de Ulla, “e dende fai 10 meses impídesenos acceder a eses informes, así como aos ocumentos que conforman eses expedientes. E lembramos que reiteramos a petición desta documentación ata en tres ocasións e a resposta do alcalde sempre foi a mesma, impedir o aceso a eses expedientes ocultando datos públicos e necesarios para que os concelleiros podan desempeñar o seu traballo, como representantes públicos”, insisten.

García Porto pregúntase “que esconde o Alcalde e o seu Goberno para impedir e torpedear o acceso a determinados expedientes durante anos”.