Skip to main content
BaleiraBóvedaCospeito

Cospeito, Bóveda e Baleira reciben unha axuda para a creación de viveiros industriais

Por 25 Agosto, 2022Sin comentarios

Cospeito, Bóveda e Baleira recibirán, xunto a outros catro concellos unha axuda da Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, para a creación de viveiros industriais, o que suma un investimento total de 2,3 millóns.

O obxectivo destas infraestruturas é favorecer a implantación inicial e consolidación de empresas nos concellos beneficiarios. Uría, que subliñou que conseguiron a axuda todos os concellos emprendedores que a solicitaron -cinco en total-, explicou que suporán un “apoio importante para novos empresarios durante as primeiras etapas de actividade e para a implantación de empresas”.

En concreto, contruiranse novos viveiros en Cospeito -que tamén recibiu axudas para a mellora do parque empresarial-, Bóveda e Baleira (Lugo), así como na Veiga e no Carballiño (Ourense). Tamén en Val do Dubra (A Coruña) -ao que se lle concedeu ademais apoio na orde de parques empresariais- e Dozón (Pontevedra).

Cospeito contará cun viveiro de empresas cunha superficie de 877,44 m2 que englobará tanto o uso administrativo -cun bloque de oficinas e zona de reunión-, como o industrial -con tres naves destinadas ao aluguer aos emprendedores interesados-. Recibe 240.000 euros de axudas.

Bóveda obterá 239.999 euros para un viveiro de 661,83 m2 que se dividirá en catro despachos, zonas de servizos comúns e un taller de formación práctica. En canto a Baleira, apoiarase a construción dun edificio de dous pisos de 677,62 m2 cunha planta baixa para iniciativas empresariais e zona de servizos e outra superior destinada a oficinas. Disporá de 240.000 euros de axudas autonómicas.