Skip to main content
Becerreá

O Colectivo Patrimonio dos Ancares localiza dúas mámoas no Concello de Becerreá

Por 3 Agosto, 2022Agosto 4th, 2022Sin comentarios

O Colectivo Patrimonio dos Ancares ven de comunicar a Xunta de Galicia a localización de dúas novas mámoas no Concello de Becerreá.

Os restos foron localizados no monte Chao da Granda a 634 metros de altitude e na liña divisoria entre as parroquias de Vilaiz e Vilamane. O primeiro enterramento ten  unhas medidas de 16 metros de diámetro e 1,10 metros de alto. O segundo dos enterramentos consta de 24 metros de diámetro e 1,25 de alto sendo o de maiores dimensións documentado ata o momento no municipio.

As mámoas contan cunha antigüidade aproximada de 6000 anos e eran un importante punto de referencia dende antigo, citándose en dous preitos dos anos 1761 e 1762. Con estes achados xa son 21 as mámoas descubertas en Becerreá.