Skip to main content
Axenda CaducadaCervantes

Cervantes acolle mañá a proxección de Melancolía

Por 17 Agosto, 2022Agosto 18th, 2022Sin comentarios

O concello de Cervantes proxecta mañá 18 de agosto o filme Melancolía ás 21.45 no patio do CPI.

O filme dirixido por Alfonso Zarauza trata a historia de Sira e Pepe que tras 10 anos vivindo en Berlín, deciden dar un novo rumbo á súa vida regresando a Galicia. Con ese obxectivo, comprarán unha casa nunha aldea que consideran abandonada, pero na que vive unha señora coa que manterán unha estraña relación.