Skip to main content
Axenda CaducadaO Corgo

Chega a II Feira do Ano a Gomeán

Por 8 Agosto, 2022Agosto 14th, 2022Sin comentarios

Goemeán celebra este domingo 14 de agosto a súa II Feira do Ano, unha feira na que os produtos locais e os oficios tradicionais comparten o protagonismo coa gandería, cunha mostra de animais de razas autóctonas e con demostracións de rapa, a cargo de rapadores da zona da montaña, e de pastoreo do gando extensivo con cans de raza Border Collie.

Ademais a celebración do evento contará coa actuación do grupo de música tradicional A Legua Dereita e unha demostración na que se  poderá coñecer o proceso artesanal do liño coa Asociación de Mulleres Rurais de Ínsua.

Programa

11:00

Apertura da feira no campo da feira de Gomeán (O Corgo).
Actuación de grupo de música tradicional A Legua Dereito.

11:00 a 16:00

Demostración de oficios artesanais.

  • Coñece o proceso completo do liño coa Asociación de Mulleres Rurais de Ínsua.
  • Fai a túa propia cunca de barro con Ceniza de Papel.
  • Aprende a facer lámpadas a partir de cabazas con Blas Piñar.
  • Tece unha medias de la da man da Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira.
  • Contaremos co último sillerio de Tórdea, Luis de Xan.
  • Moldea cerámica con La Bellota Mágica.
  • Talla e tornea madeira con Pequeno Tres Pesos e Julio Guntín.
  • María a cesteira ensinarache a facer uns cestos.

Mostra

  • Mostra/exposición de animais de razas autóctonas.
  • Exposición de coches e maquinaria agrícola clásica.
  • Exposición de vestimenta tradicional con Legua Dereita.
  • Historia de Gomeán a través da exposición de fotografía antiga.
  • Proxecto Corgoral con Lois Ladra.

12:00

  • O carro volve á feira
  • Degustación de porco celta

12:00 a 14:00: Actuación O cego na feira

12:30: Demostración de rapa.

13:30: Demostración de pastoreo (1º pase).

14:00: Xantar con produtos de porco celta, churrasco ou polbo á feira.

16:00: Demostración de pastoreo (2º pase).