Skip to main content
Axenda CaducadaO Corgo

Exposición de fotografías antigas no concello do Corgo

Por 12 Agosto, 2022Agosto 14th, 2022Sin comentarios

O proxecto Corgoral busca recuperar a memoria gráfica municipal coa dixitalización de fotografías antigas cedidas voluntariamente polos veciños e veciñas de todas as parroquias.

O patrimonio fotográfico constitúe un valioso testemuño do pasado como comunidade social e cultural, merecendo un esforzo comunitario de preservación e posta en valor. Ao longo dos últimos meses tense encetado o proceso de recollas coa colaboración de numerosos veciños e veciñas das parroquias de Laxosa, Adai, Franqueán, San Xoán do Corgo e Gomeán a espera de incorporar ao longo do ano outras parroquias a esta emocionante iniciativa.

Grazas á colaboración activa da Asociación de Veciños O Salgueiriño de Gomeán e do Arquivo Diocesano de Lugo inaugurase este sábado 14 de Agosto, no marco da II Feira do Ano de Gomeán, a mostra fotográfica, xornalística e documental que foi monograficamente preparada sobre a historia desta freguesía.