Skip to main content
Axenda CaducadaCervantesFriolFriol TERRACHÁXA

A Deputación organiza xornadas de recollida de residuos en Friol e Cervantes

Por 4 Agosto, 2022Agosto 12th, 2022Sin comentarios

A Deputación de Lugo colabora co voluntariado ambiental xunto con outros colectivos ecoloxistas organizando actividades de recollida de residuos en Friol e Cervantes no marco da acción 1m2 contra a basuraleza, do proxecto Libera de SEO/BirdLife, en alianza con Ecoembes. Serán este domingo, 7 de agosto, en Cervantes e o venres da vindeira semana, 12 de agosto, en Friol. Dous municipios que se integran na Reserva da Biosfera Terras do Miño e Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, ambas xestionadas pola institución provincial.

A primeira destas actividades de sensibilización medioambiental terá lugar en Cervantes, a acción o domingo 7 de agosto, comezando ás 11:00 horas dende a Escola de Piornedo. O venres 12 pola mañá, ás 11:00 horas, en Friol, fixando como punto de encontro o Parque Rosalía de Castro. 

O obxectivo desta iniciativa é concienciar e mobilizar á cidadanía para manter os espazos naturais libres de lixo e que se poida, deste xeito, liberar moita máis vida en favor da biodiversidade. Esta convocatoria cidadá pretende que o lixo que se atope nas zonas naturais se reduza a cero.

Esta iniciativa forma parte da liña de traballo que se marca dende a Deputación de Lugo para as dúas Reservas, co fin de impulsar con colectivos que forman parte dos órganos participativos accións e actividades que redunden na conservación e na mellora do territorio. Nesta ocasión, lánzase a actividade da man das asociacións Corripa, Teitos de Piornedo, REAMA, A.C. O Teixeiro.

Inscricións

A participación é gratuíta, só é preciso que as persoas interesadas en participar envíen un e-mail a ud.medioambiente@deputacionlugo.org. Inclúese o material para a recollida e un seguro de responsabilidade civil.