Skip to main content
Axenda CaducadaGuntín

Ferreira de Pallares celebra o próximo domingo a súa XVII Festa Artesanal

Por 7 Agosto, 2022Agosto 14th, 2022Sin comentarios

A asociación Amigos do Monasterio de Pallares organiza o próximo domingo unha nova edición da Festa Artesanal que ten como obxetivo promover os traballos artesáns e por en valor o conxunto monásticos.

Unha decena de artesáns realizarán demostracións en vivo no recinto da feira, que se abrirá ás 11.00 horas. Haberá unha ampla representación de oficios tradicionais e artesáns: cestería, talla de madeira, xoiería, cantería, pirogravado, ferrería, ebanistería e construción de instrumenos musicais, olería, elaboración de bonecos ou apicultura.

Ademais, haberá postos de degustación e venda de produtos da zona, como os pementos de Mougán, e unha degustación gratuíta de filloas. Ás 13.30 terá lugar a lectura do pregón, a cargo do escritor Xosé Estevez, autor de novelas e libros de poesías propias e coordinador de diversas antoloxías poéticas.

A organización tamén ten previsto realizar o habitual xantar de confraternidade, no claustro do mosteiro a partir das 14.30 horas. A
retirada de convites para participar no xantar pode facerse en Casa Fidalgo, Bar Stop, Parrillada O Xeito e Casa Maestro de Matei antes do 10 de agosto.