As asociacións Alcer e Alucem volven colaborar nunha nova actividade do programa Catro estacións para todos en Lugo. A actividade consiste na realización dunha ruta solidaria e accesible pola capital guiadas por Guido Álvarez Parga.
O mércores 10 de agosto terá lugar o roteiro de verán con saída as 16:30 dende a Porta Miñá. Esta actividade é gratuíta tanta para membros das asociacións como para o público en xeral.
