Skip to main content
Lugo

A área de Mobilidade e Infraestruturas continúa co plan de calmado de tráfico

Por 8 Agosto, 2022Sin comentarios

O tenente de alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou a continuación do plan de calmado de tráfico na cidade, que foi iniciado pola Tenencia de Alcaldía desde a chegada ao goberno municipal. “Buscamos un tráfico calmado, aumentando a seguridade da veciñanza de toda a cidade”, afirmou Rubén Arroxo, que destacou “a importancia das actuacións de calmado de tráfico, que viñemos executando nas zonas escolares, e que agora expandimos a novas zonas da cidade”.

Nesta intervención realizaranse novos pasos de peóns elevados na Avenida Paulo Fabio Máximo, e nas rúás San Roque e Afonso X. Ademais de instalarse un novo lombo na zona de Magoi, que se unen aos máis de 50 elementos de calmado do tráfico cos que xa contan as rúás de Lugo.

Arroxo afirmou que “seguimos a traballar para que Lugo se convirta nunha cidade na que as persoas sexan o centro da mobilidade, cun tráfico calmado e menos vehículos a motor nas rúas”.