Skip to main content
Lugo

As exposicións para desfrutar este mes no MIHL

Por 8 Agosto, 2022Sin comentarios

O Museo Interactivo da Historia de Lugo acolle durante todo o ano exposicións permanentes e temporais que se poden desfrutar no seu horario de apertura o público todos os días de 10:00 a 14:00 h e de 16:30 a 20:3o. No museo MIHL pódese descubrir o pasado aqueolóxico de Lugo, ademáis de facer un percorrido histórico dende a orixe romana da cidade ata os nosos días con recursos audiovisuais e pezas históricas orixinais.

Exposicións permanentes

De Lucus a Lugo. Esta exposición fai un percorrido histórico dende o Lugo romano ata o Lugo contemporáneo con diferentes dispositivos audiovisualis complementado con diferentes pezas arqueolóxicas.

Desenterrando o pasado. Exposición organizada polo serivizo de Arqueoloxía do Concello na que se percorren os derradeiros trinta anos de excavacións arqueolóxicas na nosa cidade.

Mediateca. Diferentes traballos realizados polos participantes nos diferentes obradoiros infantiles que se realizan no MIHL

Exposicións temporais

Visión de Lugo. Exposición pictórica das edición 2020 e 2021 do Certame de Pintura Rapida que organiza o Concello de Lugo e que plasmas diferentes partes da nosa cidade cun estilo libre.

A Revolta dos Clicks. Esta exposición consta de 5 dioramas, un central de 20 metros cadrados e outros catro de 4 metros cadrados cada un, nos que se atopan representados distintos momentos da revolta irmandiña e da vida nas poboacións galegas do século XV.