Skip to main content
Lugo

Lugo acolle mañá unha nova proxección do cine ao aire libre

Por 8 Agosto, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

A Tinería acolle mañá martes 9 de agosto ás 22:30 unha nova proxección dentro do ciclo de cine ao aire libre. Unha actividade enmarcada no movemento Localmente Lucense, que se impulsa desde a área de Desenvolvemento Local e Emprego e que consiste na proxección de películas sobre emprendemento e negocios.

A película programada para mañá é Na procura da felicidade,  un filme biográfico baseado na vida de Chris Gardner (interpretado por Will Smith), un vendedor ambulante con talento, pero ao que o seu emprego non lle permite cubrir as súas necesidades máis básicas. Tanto é así que o acaban botando, xunto co seu fillo de cinco anos (Jaden Smith), do seu piso de San Francisco, e non teñen ningún lugar ó que ir. Cando Gardner consegue facer unhas prácticas nunha prestixiosa corredoría de bolsa, os dous protagonistas terán que afrontar moitas adversidades parar facer realidade o seu soño dunha vida mellor. Foi nomeada a dous Globos de Ouro e a un Oscar.

A entrada será gratuíta ata completar un aforo de 50 persoas.