Skip to main content
Lugo

O próximo xoves será a entrega da recadación da campaña Lugo con Ucrania

Por 9 Agosto, 2022Sin comentarios

O próximo xoves 11 de agosto farase entrega do importe recadado a través da campaña solidaria Lugo con Ucrania. O acto terá lugar ás 12:00 no Salon de Plenos do Concello de Lugo.

A campaña consistiu en 3000 camisetas serigrafiadas que foron postas a disposición dos lucenses e o seu beneficio íntegro irá destinado aos nenos e nenas vítimas da guera de Ucrania.

A recadación será entregada pola alcaldesa de Lugo, en nome de todas as entidades colaboradoras, a Unicef. Esta campaña foi promovida pola Federación de Asociacións Veciñais “Lucus Augusti” en colaboración coa C.E.L., e tamén colaboraron nesta campaña o Concello de Lugo e a Deputación, así como a Federación de Comercio, a Asociación de hostaleiros da provincia, Abanca, Caixa Rural Galega, Candeas, Clínica Dinán ou Gadis. Ademais, a firma que serigrafiou as camisetas, cobrou a metade das horas de traballo.