Skip to main content
Lugo

Volven en setembro os almorzos de negocios Localmente Lucense para emprendedores

Por 16 Agosto, 2022Sin comentarios

A concellería de Desenvolvemento Local e Emprego recuperará desde setembro os almorzos de negocios impulsados pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a través da estratexia Localmente Lucense, para que o empresariado e os emprendedores amplíen a súa rede de contactos co fin de xerar novas oportunidades de negocio e de emprego.

Será o quinto que se desenvolverá este ano. Para facilitar á participación, organizanse en distintos barrios, tamén como unha oportunidade de mobilizar os comercios e negocios da zona.  Nesta ocasión, celebrarase na cafetería Pasarela (Rúa Frai Plácido Rei Lemos, 1) o vindeiro xoves, 1 de setembro, en horario de 08:30 a 09:30 horas. Haberá 50 prazas dispoñibles, sendo necesaria a inscrición previa ate o 31 de agosto, a través do seguinte enlace: www.localmentelucense.gal/almorzo-de-negocios.

A edil de Desenvolvemento Local, Ana González Abelleira, convida ao tecido económico a participar e lembra que “estes almorzos nacen como un foro no que ampliar a rede de contactos, mellorar a comunicación entre os empresarios e facilitar a creación de lazos entre eles”.

Esta iniciativa de Localmente Lucense enmárcase na estratexia global de dinamización, reconstrución e reactivación da economía de Lugo, deseñada para incentivar a actividade económica dos barrios co fin de para paliar as consecuencias da crise provocada pola Covid-19.

Localmente Lucense, un movemento pioneiro

Dous son os eixos de Localmente Lucense, os que inclúe o Plan de fomento do emprendemento e consolidación empresarial, dentro do cal se realizan, ademais dos almorzos de negocios, charlas con empresarios locais e expertos nacionais; programas de formación, cine ao aire libre, xornadas de portas abertas nos viveiros de empresas do Concello e actividades de dinamización polo Día Internacional do Emprendemento.

E por outra, se impulsa o Plan de dinamización de barrios, que se desenvolve por cinco zonas da cidade, que alcanzan a todos os barrios lucenses, e que contempla a realización de actividades de ocio e lecer como tardeos, noiteos, con espectáculos musicais, concertos e actividades de entretemento; campañas estacionais e en datas sinaladas como San Valentín, Nadal, Samaín, rebaixas de inverno e de verán; ou a organización de mercadiños, así como actividades especiais en barrios como A Tinería.