Skip to main content
Lugo

O PP pide que se poña a punto o campo de fútbol de Nadela

Por 17 Agosto, 2022Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular piden que se mellore o mantemento do campo de fútbol municipal de Nadela xa que na actualidade esta dotación deportiva está abandonada e infrautilizada.

Os concelleiros populares aseguran que en vez dunha zona deportiva se converteu nunha zona de pasto de cabalos tal e como denuncian os veciños da zona e que comprobaron os populares ao ver como no campo “hai feces de cabalo e tamén un camiño circular arredor da instalación que ten pinta de ser un circuíto para que corran os equinos”.

Os populares explican que tendo en conta que a demanda de instalacións deportivas é superior á oferta que hai “non se entende como o goberno local non se ocupa das dependencias que ten xa que no caso de estar en boas condicións, podería poñerse a disposicións de todos os clubs deportivos da cidade e dos usuarios a título particular”.