Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Lugo acolle mañá unha nova demostración da Mostra de Vellos Oficios Artesáns

Por 27 Agosto, 2022Setembro 11th, 2022Sin comentarios

Mañá domingo celébrase unha nova xornada da Mostra de Vellos Oficios Artesáns. Esta mostra terá lugar nos soportais da Casa do Concello, na praza Maior en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20:30.

Este domingo Eugenio Soto que realiza decoración de cristal fará unha demostración de tres técnicas de decoración tradicional de cristal. Talla de vasos e copas cun torno eléctrico con pedra de esmeril nun eixe que contén rodas de distintas tipoloxías e ao rozar no cristal faille diferentes incisións; gravador máis superficial con puntas diamantadas; esmaltado de cristal mediante pintura e cocción en forno.

Carlos Graña de Verdecima, tallas de madeira realizará a demostración do proceso de talla dun cunco de madeira: baleirado por dentro, tallado da forma externa, lixado e remate con distintos acabados dependendo de se o seu uso vai ser ornamental ou culinario.

A programación continuará os próximo domingos 4 e 11 de setembro con mostras de xoiería, sombreirería artesanal, obradoiro de gaitas  e construcción de embarcacións.