Skip to main content
Monterroso

O BNG de Monterroso pide o goberno do concello que mellore os accesos as aldeas e o entorno da área da Peneda

Por 8 Agosto, 2022Sin comentarios

O Bloque Nacionalista en Monterroso ven de observar que durante o verán, o complexo da Peneda, sofre un desleixo total por parte do goberno municipal, ademáis da apertura das piscinas de forma intermitente o entorno, no pico alto de visitantes é moi mellorable. Brais Vázquez pregunta “se temos unhas piscinas e so se poden usar uns poucos dias no verán e non de forma continuada, cando imos usalas á
veciñanza?”.

Ademáis de ser xullo e agosto os meses onde máis visitantes se reciben no concello a imaxe que se da e a de unha vila con un coidado do seu entorno pésimo. Tamén nas zonas verdes e no Auditorio de A Cúpula se observa un grave deterioro que demostra certa inoperancia e deixadez por parte do gobierno local.

Tamén a veciñanza se queixa do desleixo co que o goberno municipal tratas as parroquias deste concello: o Marzán, Pol, Esporiz e Sambreixo, son algúns exemplos de aldeas onde os seus accesos se atopan en mal estado. “Unha vez máis, o noso Concello esquécese das aldeas, como ven sendo tónica habitual”

O BNG pide unha mellor xestión por parte do executivo local e un cambio de rumbo. “A xestión debe estar basada no sentido común e na priorización do básico e nos piares da vida dos veciños e non na improvisación”.