Skip to main content
Axenda CaducadaMonterroso

Volve o festival Agrocuir a Monterroso

Por 11 Agosto, 2022Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

O festival Agrocuir terá lugar o 26 e 27 de agosto en Monterroso con actividades  en diferentes lugares da vila para xerar un espazo aberto e accesible a todo o mundo.

O venres 26 de agosto comeza a xornada as 12.00 cun espazo de presentación de libros para continuar pola tarde con actividades como un obradoiro de estampación infantil ou un Cuirathlon labrego. A partir das 20.00 habera concertos entre os que podemos atopar a artistas como Cabuxa ou Fado Bicho.

O sábado comezarán as actividades as 12.00 con diferentes obradoiros entre os que se atopan o de baile tradicional ou o de ioga. O longo do día haberá sesión vermú, teatro e concertos a partir das 20.30.

O Festival Agrocuir da Ulloa é unha iniciativa celebrada no rural que ten como obxectivo reivindicar a diversidade sexual e de xénero no rural. Ademais, este festival aborda retos da actual sociedade como a defensa do bosque autóctono, a construción dunha comunidade participativa e inclusiva, a equidade de xénero, a interxeneracionalidade, o despoboamento do rural, a recuperación da memoria ou a posta en valor do patrimonio material e inmaterial da comarca. Abordar estes temas da lugar a que este festival se vaia convertendo nunha iniciativa de empoderamento comunitario que contribúe a rachar con estigmas existentes sobre o rural.

Todo isto da lugar a un festival multidisciplinar no que a través do teatro, a música, os obradoiros, o baile, o deporte, o cine, a performance, etc. o público comparte dous días de convivencia, aprendizaxe e ocio sostible, demostrando o potencial do rural para establecer novas formas de vida e modelos de sociedade.