Skip to main content
As NogaisAxenda Caducada

As Nogais acolle a III Ruada 1900

Por 21 Agosto, 2022Setembro 3rd, 2022Sin comentarios

A III Ruada 1900 chega ó Concello de As Nogais o próximo sábado 3 de setembro. Pola mañá, ás 11.00, haberá un roteiro cultural para o que será necesario inscrición.

A programación da tarde comeza ás 16.00 con música pola rúa para continuar ás 16.30 coa apertura do mercado 1900 e a chegada da veciñanza de lavandeiras, segadoras, fiandeiras ou comerciantes.

O longo da tarde, ata ás 20.30, haberá tarde de feira e ruada con música, baile, representacións de costumes, fotografías de época, xogos populares e diferentes obradoiros.

A apertura da cociña no Mesón Ponte Naviae terá lugar ás 20.30 con empanada, chourizo, touciño e viño para continuar ás 22.30 con un baile das sortes para as mozas e mozos. Ás 00.00 para rematar haberña foliada aberta.