Skip to main content
Axenda CaducadaPalas de Rei

Palas de Rei acolle os concertos de La Guardia e Danza invisible

Por 9 Agosto, 2022Agosto 11th, 2022Sin comentarios

O Concello de Palas de Rei acolle este xoves 11 de agosto os concertos de La Guardia e Danza Invisible no marco dos concertos Locos por Galicia organizados dentro das actividades do Xacobeo.

La Guardia é unha banda de música rock que se formou na cidade de Granada (España) na primeira metade dos anos 80. A súa carreira divídese en dúas etapas: unha primeira desde 1983 ata 1997 e outra desde 2003 ata hoxe. Durante toda ela conseguiron vender máis dun millón e medio de copias e considérase pola crítica especializada como unha das formacións máis importantes da historia do rock en España.

Danza Invisible é un grupo formado en Málaga, no ano 1981. O descubrimento de Danza Invisible como grupo chegou cando gañaron o primeiro premio do festival organizado polo Concello de Xerez. Había moitos observadores entre o público e, grazas á súa actuación, ofrecéronlles gravar un single. De aí xurdiron tamén os seus primeiros contratos.