Skip to main content
Axenda CaducadaPalas de Rei

Palas de Rei acolle a XXIII Mostra Internacional de Teatro Amador

Por 19 Agosto, 2022Setembro 25th, 2022Sin comentarios

A XXIII Mostra Internacional de Teatro Amador chega a Palas de Rei dende o 25 de agosto ata o 25 de setembro nunha nova edición na que participarán compañías de Galicia, Estremadura, Cantabria e Venezuela. Hoxe en día esta mostra de teatro é un referente dentro do panorama de teatro amador galego e nacional  pola que teñen pasado xa máis de trescentas compañías do teatro galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México, Rusia, Portugal, Francia ou Venezuela.

O programa dará comezo o xoves 25 de agosto con Reviracontos unha obra de creación colectiva do alumnado do Obradoiro Municipal de Teatro de Palas na Casa da Cultura ás 21.00. O sábado, 3 de setembro, ao longo da xornada de Son d’Aldea, entregarase o XVII Premio Careón ao escritor Xoán Carlos García Porral en recoñecemento ao seu labor como escritor, dinamizador da cultura galega e defensor do mundo rural. Ese mesmo día tamén se fará entrega do  XXII Premio Mácara a Avelino González pola súa traxectoria profesional como actor e o seu apoio, vivenciación e defensa da cultura rural. 

O sábado, 10 de setembro, ás 21:00 horas, na Casa de Cultura de Palas, entregarase o V PREMIO “Garabato” á conservación do Patrimonio en homenaxe a Gabriel Barreiro Toural,dotado con 1000 euros e plica ao Grupo Naturalista Hábitat.

Programación

Venres, 26 Agosto: Actuación do grupo Avelino González coa obra Contos De Contrabando ás 21.00 na Casa Da Cultura De Palas De Rei.

Sábado, 27 Agosto: Actuación do grupo Teatro La Burla (Cáceres) coa obra Bruxas ás 21.00 na Casa Da Cultura De Palas De Rei.

Domingo, 28 Agosto (Dobre Función): Actuación do grupo Alentía Teatro coa obra Conversas Con Óscar Varela ás 18.00 na pastelería Dulce María. A continuación actuación do grupo  O Xeito, de Esteiro coa obra Am@Te ás 21.00 na Casa Da Cultura De Palas De Rei.

Mércores, 31 Agosto: Actuación do grupo Olga Abad coa obra Arrivederci Roma ás 21.00 na Casa Da Cultura De Palas De Rei.

Xoves, 1 Setembro: Actuación do grupo María Alejandra Gómez coa obra Murmuraban as miñas veciñas ás 21.00 na Casa Da Cultura De Palas De Rei.

Venres, 2 De Setembro: Actuación do grupo Iseo A Moura coa obra Se as árbores falaran ás 20.30 no Parladoiro De Arqueixal, Santiago De Albá.

Sábado, 3 Setembro: Actuatición do grupo Son D’aldea coa obra: Son Das Carballeiras de autoría colectiva e dirixida por Metátese Teatro E Alentía Teatro ás  9:30 nun pasarrúas que sairá do campo da desta da aldea De Santo Xusto ás 9.30

Venres, 9 De Setembro: Actuación do grupo Ateneo, De Pozuelo De Alarcón coa obra Páncreas ás 21.00 na Casa Da Cultura De Palas De Rei.

Sábado, 10 Setembro: Actuación do grupo Metátese Teatro coa obra  Escola De Vaqueiras ás 21.00 na Casa Da Cultura De Palas De Rei.

Sábado, 24 Setembro: Actuación do grupo Entrecajas Fusión Teatro, de Cantabria, coa obra La Nº 7 ás 20.00 na Casa Da Cultura De Palas De Rei.

Domingo, 25 Setembro: Actuación do grupo Compañía Regional De Teatro De Carabobo (Venezuela) coa obra La Lengua e o grupo Rendija Danza Andante, de Palas de Rei, coa obra Danza Contemporánea ás 20.00 na Casa Da Cultura De Palas De Rei.