Skip to main content
Axenda CaducadaPalas de Rei

A obra Arrevedeci Roma inicia a programación desta semana da Mostra Internacional de Teatro Amador

Por 30 Agosto, 2022Setembro 25th, 2022Sin comentarios

Palas de Rei acolle esta semana novas actuacións dentro da XXIII Mostra Internacional de Teatro Amador que dan comezo mañá co espectáculo de teatro Arrevedeci Roma a cargo da artista Olga Abad. A actuación terá lugar ás 21.00 na Casa da Cultura.

Nesta peza Olga Abad querenos agasallar con unha chea de razoamentos, lembrazas e comparacións, entre os tempos de agora e os tempos de antes. Nesta epoca no que todo caduca a velociadede dun lostrego e ben sinxelo que os elementos culturais queden obsoletos en poucos anos. Podemos facer mofa de todo.

Estas semana outras tres obras encherán de teatro Palas de Rei. O xoves, 1 setembro o grupo María Alejandra Gómez estará coa súa obra Murmuraban as miñas veciñas ás 21.00 na Casa Da Cultura De Palas De Rei. O venres, 2 de etembro o grupo Iseo A Moura representará a obra Se as árbores falaran ás 20.30 no Parladoiro De Arqueixal, Santiago De Albá e por último o sábado, 3 Setembro o grupo Son D’aldea coa  súa obra Son Das Carballeiras de autoría colectiva e dirixida por Metátese Teatro E Alentía Teatro terá ás 9:30 un pasarrúas que sairá do campo da festa da aldea De Santo Xusto.