Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

O Concello de Pol cambia nun mes 1700 luminarias e 72 cadros eléctricos

Por 8 Agosto, 2022Agosto 9th, 2022Sin comentarios

O Concello de Pol rematou estes días o cambio de todas as luminarias do seu termo municipal á tecnoloxía LED, o que significou o cambio dun total de 1.700 lámpadas que implicou tamén o cambio de 72 cadros eléctricos.

Ademais e de forma experimental, o Concello instalou unhas cinco lámpadas solares nunha gandería e en tres casas, ás que non chegaba a liña eléctrica, para ver como responde esta tecnoloxía e se se adapta ás necesidades dos veciños.

Pol convértese deste xeito no primeiro Concello da provincia en facer este cambio “mediante obras e servizos, o que nos permite aforrar moitos cartos na fase de canon de conservación”, explica Rodríguez Ónega. O aforro está establecido en 50.000 ou 60.000 euros ao ano para os próximos exercicios xa que será o propio Concello o que se encargue do mantemento.

O Concello de Pol investiu nesta medida un total de 839.247,77 euros para o que solicitou o financiamento do IDEA, que supón o 80%, un total de 671.398,21 euros. Polo tanto, o Concello aportou 167.849,55 euros.

As obras, que tiveron unha duración dun mes estiveron ao cargo de Manuel Nova Castro Electricidad, de Monterroso, que deberá rematar todo antes do 13 de agosto. As lámpadas instaladas permitirán ao Concello un aforro do 40% e ademais teñen unha garantía de dez anos.

Para poder facer fronte ao pago desta obra, o Concello obtivo da Deputación 547.000 euros en forma de anticipo, “o cal agradecemos”.

O alcalde lembra que ahora as luminarias estarán en proceso de supervisión veciñal, polo que é o momento indicado de facer chegar ao Concello as anotacións que consideren oportunas sobre o funcionamento das mesmas.

Rodríguez Ónega avanzou tamén que aínda lles queda facer unha última actuación, que consiste na supervisión e reparación do cable do tendido nalqueles lugares que dea problemas.